Cantiga 158 de Alfonso X el sabio

Esta é como Santa Maria sacou de prijon un cavaleiro
e mandou-lle que se fosse pera Rocamador.

De muitas guisas los presos
solta a mui groriosa,
santa e Virgen Maria,
tant’ é con Deus poderosa.

E de tal razon vos quero
contar un mui gran miragre,
que fez por un cavaleiro
bõo d’armas e de mannas
e en servir un ric-ome
cug’ era, mui verdadeiro;
e foi pres’ en seu serviço,
e en carcer têevrosa
o meteron e en ferros,
como gente cobiiçosa,
De muitas guisas los presos.

En tal que o espeytassen.

Mas aquel sennor cug’ era
sobr’el mentes non parava;
e ele con mui gran coita
sempre de noit’ e de dia
Santa Maria chamava
que acorre-lo vêesse
como Sennor piadosa,
e que dali o tirasse,
daquela prijon nojosa.

De muitas guisas los presos.

El jazend’ assi en ferros
e con esposas nas mãos
e cadêa na garganta,
aque ven Santa Maria,
a Madre de Jhesu-Cristo,
que as prijões quebranta,
e en llas britar mui toste
non vos foi y vagarosa,
e disse-ll’: Erge-t’ e vay-te
daquesta prijon astrosa.

De muitas guisas los presos .

Enton deitou-ll’ as prijões
ao colo e sacó-o
ante tod’ aquela gente
que o guardavan, e nunca,
pero que o yr viian,
non lle disseron niente.

E tiró-o do castelo
e disse-lle saborosament’:
A Rocamador vai-te
e passa ben per Tolosa.
De muitas guisas los presos.

E el moveu atan toste
e foi-sse quanto ss’ ir pude
como ll’ a Santa Reynna
mandara; mas do castelo
foron pos el cavaleiros.

E el chegou muit’ agýa,
Ca o non guiou a Virgen
Per carreira pedragosa
a Rocamador, sa casa,
mas per chãa e viçosa.

De muitas guisas los presos.

E pendorou y os ferros
Logu’ e as outras prijões
que ao colo trouxera;
e contou y ant’ os monges
e ante toda-las gentes
todo como ll’avêera
e como Santa Maria
en tira-lo aguçosa
fora, per que mui loada
foi porend’ a Preciosa.

De muitas guisas los presos.

Añadir un comentario

Leer la poesía Cantiga 158 del poeta Alfonso X el sabio en el sitio Blogpoemas - los mejores poemas hermosos sobre el amor, la naturaleza, la vida, la Patria, para niños y adultos en español de los célebres poetas clásicos.