Mais nos faz Santa Maria de Alfonso X el sabio

Esta é como Santa Maria fez cobrar a Theophilo
a carta que fezera cono demo, u se tornou seu vassalo.
Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdõar,
que nos per nossa folia
ll’ imos falir e errar.
Por ela nos perdõou
Deus o pecado d’Adam
da maçãa que gostou,
per que soffreu muit’ affan
e no inferno entrou;
mais a do mui bon talan
tant’ a seu Fillo rogou,
que o foi end’ el sacar.
Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdõar,
que nos per nossa folia
ll’ imos falir e errar.
Pois ar fez perdon aver
a Theophilo, un seu
servo, que fora fazer
per conssello dun judeu
carta por gãar poder
cono demo, e lla deu;
e fez-ll’ en Deus descreer,
des i a ela negar.
Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdõar,
que nos per nossa folia
ll’ imos falir e errar.
Pois Theophilo assi
fez aquesta trayçon,
per quant’ end’ eu aprendi,
foy do demo gran sazon;
mais depoys, segund’ oý,
repentiu-ss’ e foy perdon
pedir logo, ben aly
u peccador sol achar.
Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdõar,
que nos per nossa folia
ll’ imos falir e errar.
Chorando dos ollos seus
muito, foy perdon pedir,
u vyu da Madre de Deus
a omagen; sen falir
lle diss’: Os peccados meus
son tan muitos, sen mentir,
que, se non per rogos teus,
non poss’ eu perdon gãar.
Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdõar,
que nos per nossa folia
ll’ imos falir e errar.
Theophilo dessa vez
chorou tant’ e non fez al,
trões u a que de prez
todas outras donas val,
ao demo mais ca pez
negro do fog’ infernal
a carta trager-lle fez,
e deu-lla ant’ o altar.
Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdõar,
que nos per nossa folia
ll’ imos falir e errar.

Añadir un comentario

Leer la poesía Mais nos faz Santa Maria del poeta Alfonso X el sabio en el sitio Blogpoemas - los mejores poemas hermosos sobre el amor, la naturaleza, la vida, la Patria, para niños y adultos en español de los célebres poetas clásicos.