Cantiga 330 de Alfonso X el sabio

Esta é de loor de Santa Maria.

Qual é a santivigada
ant’ e depois que foi nada?

Madre de Deus, nostro Sennor,
de Deus, nostro Sennor,
Madre de nosso Salvador.

A qual diss’ Ave Maria
Gabriel e que seria
Madre de Deus, nostro Sennor.

Qual é a que sen mazela
pariu e ficou donzela?

Madre de Deus, nostro Sennor.

En qual per sa omildade
s’ ensserrou a Trîidade?

Madre de Deus, nostro Sennor.

Qual é a que sempre bõa
foi e dos santos corõa?

Madre de Deus, nostro Sennor.

Qual é a que per seu siso
nos fez aver paraiso?

Madre de Deus, nostro Sennor.

Añadir un comentario

Leer la poesía Cantiga 330 del poeta Alfonso X el sabio en el sitio Blogpoemas - los mejores poemas hermosos sobre el amor, la naturaleza, la vida, la Patria, para niños y adultos en español de los célebres poetas clásicos.