Cantiga 340 de Alfonso X el sabio

Esta é de loor de Santa Maria.

Virgen Madre groriosa,
de Deus filla e esposa,
santa, nobre, preciosa,
quen te loar saberia
ou podía?

Ca Deus que é lum’ e dia,
segund’ a nossa natura
non viramos sa figura
senon por ti, que fust’ alva.

Virgen Madre groriosa.

Tu es alva dos alvores,
que faze-los peccadores
que velan os seus errores
e connoscan sa folia,
que desvia
d’aver om’ o que devia,
que perdeu por sa loucura
Eva, que tu, Virgen pura,
cobraste porque es alva.

Virgen Madre groriosa.

Tu es alva dos mesqýos,
que non erren os camýos,
a grandes, a pequenýos
ca tu lles rnostras a via
per que ya
o teu Fillo todavia,
que nos sacou da escura
carreira maa e dura
per ti que es nossa alva.

Virgen Madre groriosa.

Tu es alva dos culpados,
que cegos por seus pecados
eran; mais alumeados
son per ti, Santa Maria.

Quen diria,
nen quen osmar poderia
teu ben e ta gran mesura?

Ca sempre en ty atura
Deus a luz ond’ es tu alva.

Virgen Madre groriosa.

Tu es alva per que visto
foi o Sol, que éste Cristo,
que o mund’ ouve conquisto
e sacado du jazia
e jaria,
e de que non sairya
mais Deus por ti da altura
quis de ti, sa creatura,
nacer, e fez de ti alva.

Virgen Madre groriosa.

Tu es alva dos que creen
e lume dos que non veen
a Deus, e que por mal têen
o ben per sa bavequia
d\’eresia,
que é maa ousadia,
e Deus non á destes cura;
mais pela ta gran cordura
lles dás lume come alva.

Virgen Madre groriosa.

Tu es alva que pareces
ante Deus e escrareces
os ceos, e que mereces
d’averes sa conpania.

E querria-
t’ eu ver con el, ca seria
quito de maa ventura
e metudo na folgura
u es con Deus, u es alva.

Virgen Madre groriosa.

Añadir un comentario

Leer la poesía Cantiga 340 del poeta Alfonso X el sabio en el sitio Blogpoemas - los mejores poemas hermosos sobre el amor, la naturaleza, la vida, la Patria, para niños y adultos en español de los célebres poetas clásicos.