Cantiga 60 de Alfonso X el sabio

Esta é de loor de Santa Maria, do departimento que á entre Av’ e Eva.

Entre Av’ e Eva
gran decartiment’ á.

Ca Eva nos tolleu
o Parays’ e Deus,
Ave nos y meteu;
porend’, amigos meus:
Entre Av’ e Eva .

Eva nos foi deitar
do dem’ en sa prijon,
e Ave en sacar;
e por esta razon:
Entre Av’ e Eva .

Eva nos fez perder
amor de Deus e ben,
e pois Ave aver
no-lo fez; e poren:
Entre Av’ e Eva .

Eva nos ensserrou
os çeos sen chave,
e Maria britou
as portas per Ave.

Entre Av’ e Eva .

Añadir un comentario

Leer la poesía Cantiga 60 del poeta Alfonso X el sabio en el sitio Blogpoemas - los mejores poemas hermosos sobre el amor, la naturaleza, la vida, la Patria, para niños y adultos en español de los célebres poetas clásicos.